InicioBARRIOSCinco barrios da Coruña e varias vilas celebran esta fin de semana...

Cinco barrios da Coruña e varias vilas celebran esta fin de semana as festas do Carme

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ademais da romaría Galaicoi de Cambre, do Festival Qjazz e o WakeUp festival de Bens, esta fin de semana vén cargada de festas, tanto nos barrios, como nas parroquias da contorna. Cómpre estarmos atentos ás procesións marítimas da patroa do mar, unha xoia etnográfica do litoral galego.

Sada

Sada celebra as súas Festas do Carme tamén esta fin de semana, coa gran cita da procesión marítima o sábado ás 17:00h dende o peirao da lonxa.

Festas do Carme de Sada

Andeiro, Cambre

As Festas do Carme de Andeiro traen sesións vermú, e churrascada para os sábado, domingo e luns.

Festas do Carme de Cambre

As Xubias

A Asociación Cultural Eumedre ultima os preparativos para as Festas do Carme de As Xubias. O sábado comeza co concurso de tortillas no marco da sesión vermú. Haberá mercado artesán con moeda libre Juna. A partir das 20:00 foliada e a partir das 22:00h concerto dos Folkólicos. Para o domingo, haberá xantar popular (cómpre reservar en aceumedre@gmail.com) , antes do concerto de Dr. Tolemia e a procesión marítima, que percorrerá a zona a partir das 17:00h.

O Portiño

Por último, o domingo celebraranse as festas de San Pedro de Visma–O Portiño. Ás 18.00 horas e tras a misa e a baixada en procesión amenizadas pola coral Follas Novas e o grupo de gaitas Cántigas da Terra haberá unha procesión marítima e fogos artificiais. Ás 18.30 horas celebrarase unha sardiñada popular e ás 19.00 horas actuará o Dúo D’Vicio.

Os Castros

As festas dos Castros, organizadas entre Concello e Asociación veciñal Oza- Gaiteira- Os Castros, incluirán dúas xornadas de ocio variado. O sábado 15 de xullo, ás 11.30 horas comezarán os festexos coa ruada e alborada a cargo de Latexo. A partir das 12.30 horas, no parque de San Diego, haberá actuación de Circo Chosco Forzu2 e un encontro de corais. Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, haberá animación na rúa con Animacreques e música e títeres con Os Monifates en diferentes puntos do barrio. Pola noite, a partir das 22.00 horas, haberá verbena no parque de San Diego con The Tetas Van e Dúo Eva e Camilo.
A xornada do domingo, que se desenvolverá no parque de San Diego, comezará ás 11.30
horas coa actuación do Trío Detrés. Ás 14.00 horas haberá actuación de Paco Nogueiras. Xa ás 19.00 horas haberá unha actuación da Asociación Cultural Donaire. As festas dos Castros rematarán ás 22.00 horas co concerto de Banda Xangai & Quinkillada.

Feáns

En Feáns os festexos tamén serán sábado e domingo. A primeira xornada comezará cunha sesión vermú coa orquestra Acordes, que tamén actuará a partir das 23.00 horas xunto co Dúo Maracaibo. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá xogos infantís no campo da festa e ás 20.30 horas haberá unha actuación de música tradicional. O domingo tamén comezará con actuación tradicional ás 12.00 horas. Ás 14.30 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Los Españoles, que actuará na verbena da noite, a partir das 23.00 horas. Pola tarde haberá unha nova actuación musical ás 20.30 horas.

Os Mariñeiros

Nos Mariñeiros–Peruleiro os festexos serán durante a xornada do sábado e comezarán cunha sesión vermú a cargo do Dúo Maracaibo a partir das 13.30 horas. Ás 17.30 horas haberá xogos infantís e festa da escuma e ás 22.00 horas comezará a verbena con Aixa Romay e grupo. Pechará as festas unha sesión de fogos de artificio a partir das 23.50 horas.

Lañas, Arteixo

As Festas de Santa Mariña de Lañas, Arteixo, tamén se celebran esta fin de semana con moita verbena.

Outras festas para as vindeiras semanas

Mera e Lorbé terán festas as vindeiras semanas.

ÚLTIMAS

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

Recrease un ataque terrorista a un barco na Coruña

A Armada realizou, este venres no porto da Coruña, o exercicio de seguridade marítima Marsec,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here